jueves, mayo 18, 2006

Fin da tempada de Catro Ventos

Este pasado 18 de Maio, Xoves, cun programa especial, rematou a tempada de Catro Ventos.

Nel fíxose un pequeno repaso das dúas tempadas de Catro Ventos, facendo especial fincapé nos seus comezos, presentando ao equipo que fixo posible estas dúas tempadas, e comentando algunhas novidades de Radio Kampus Ourense.

jueves, diciembre 01, 2005

Primeiro reto no programa

No programa do pasado 30 de novembro, presentouse a pregunta: ¿De que idioma procede a verba "Chatarra"?.

As respostas acéptanse ata o próximo 14 de decembro ás 12h. UTC (12h., hora canaria; 13h. hora peninsular de España / @500, horario en .beats de swatch).

O enderezo para enviar respostas é:

4ventos@gmail.com.

Moita sorte!

martes, octubre 11, 2005

Local, localciño..

Pouco a pouco, semella que vai chegando a hora na que estemos no novo local, con todo o equipo, emitindo..

Hai moi boa disposición por parte de todos: Universidade, Asociación, @s propi@s interesad@s en comparti-lo seu proxecto radiofónico co mundo...

Estamos ilusionados con este novo comezo, e agardamos que esta aventura na que nos embarcamos sexa positiva amáis de para tod@s @s implicad@s, senon tamén enriquecedora para tod@s aquel@s que nos escoiten.

Atentos... Radio Kampus Ourense está a punto de entrar nas nosas vidas.

forza4.

jueves, septiembre 22, 2005

Construcción

Todo pasa por un período de construcción, de crecemento.

Así estamos en catro ventos, e na RKO (Radio Kampus Ourense): en crecemento. Crecen as espectativas, crecen os posibles problemas, crecen as ideas que propoñen solucións, crecen os puntos en desacordo, pero tamén crece o entendemento.

Polo demáis, precisaremos todo o apoio que poidamos recibir para este lanzamento. E por iso, imos ir xuntando apoios... e intentando xerar acordo entre todos para que esta experiencia comunicativa, e, sobor de todo, humana, chegue a bó porto.

Agardamos que, pronto, poidamos mostrarvos unha belida construcción que, amáis, cambia co tempo, e se adapta.

Atentos... cecais pronto estemos 'no aire'.

viernes, mayo 13, 2005

A paso lento

En fin...semella que este ano non nos van a dar o local... pois bueno, que lle imos facer, a ver se nos dan o local, alomenos, para o ano que ven.

Así, comezaremos con máis forza a nosa andanza a... 4 ventos. :)


sábado, abril 23, 2005

Chegando lentamente

O novo case que sempre nos fai agardar por el. E tamén nos está pasando en 4ventos e na RKO. Agardabamos que a principios-mediados deste mes, tiveramos o local. Pero nada: aínda teremos que agardar uns días máis.

"Éche o que hai", que diría shinchan.

Pero bueno, o día D e a hora H achéganse, así que iremos quentando motores para que todo esté no seu punto para a estrea.¿Cando será?. Eso aínda é unha incógnita, pero todo indica que pronto.

lunes, marzo 14, 2005

Achéganse...

Pronto os catro ventos estarán zoando. Cecais, algúns, nos atopedes máis preto do que pensades.

Agardamos pronto contar con datas nas que nos poderedes atopar por Ourense adiante, facendo Radio.

Radio Kampus Ourense está a chegar...e con ela tamén... 4ventos.

forza4.