martes, octubre 11, 2005

Local, localciño..

Pouco a pouco, semella que vai chegando a hora na que estemos no novo local, con todo o equipo, emitindo..

Hai moi boa disposición por parte de todos: Universidade, Asociación, @s propi@s interesad@s en comparti-lo seu proxecto radiofónico co mundo...

Estamos ilusionados con este novo comezo, e agardamos que esta aventura na que nos embarcamos sexa positiva amáis de para tod@s @s implicad@s, senon tamén enriquecedora para tod@s aquel@s que nos escoiten.

Atentos... Radio Kampus Ourense está a punto de entrar nas nosas vidas.

forza4.