jueves, septiembre 22, 2005

Construcción

Todo pasa por un período de construcción, de crecemento.

Así estamos en catro ventos, e na RKO (Radio Kampus Ourense): en crecemento. Crecen as espectativas, crecen os posibles problemas, crecen as ideas que propoñen solucións, crecen os puntos en desacordo, pero tamén crece o entendemento.

Polo demáis, precisaremos todo o apoio que poidamos recibir para este lanzamento. E por iso, imos ir xuntando apoios... e intentando xerar acordo entre todos para que esta experiencia comunicativa, e, sobor de todo, humana, chegue a bó porto.

Agardamos que, pronto, poidamos mostrarvos unha belida construcción que, amáis, cambia co tempo, e se adapta.

Atentos... cecais pronto estemos 'no aire'.